28/2/11

30 anos sen Álvaro Cunqueiro


Álvaro Cunqueiro Mora, nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981. 





Foi un novelistapoetadramaturgoxornalista e gastrónomo, considerado un dos grandes autores da literatura galega.
Foille adicado o Día das Letras Galegas en 1991.


24/2/11

Estamos de Celebracións

O día 24 de febreiro do ano 1837 naceu Rosalía de Castro, polo que hoxe é o seu aniversario.
Para recordala, nas clases, leremos os seus poemas  tan fermosos.

Na Bibliosoños temos libros que falan da vida e obra de Rosalía:






Tamén o día 21 de febreiro  celebramos o Dia da Lingua Materna







23/2/11

Canto aprendimos con Abraham Carreiro!!!

Hoxe foi un día moi especial, estivemos na Bibliosoños aprendendo con Abraham Carreiro,  un debuxante galego do máis imaxinativo!. 
Pasamos un bo rato aprendendo moitas cousas sobre como facer e dar cor aos nosos debuxos.
Moitas gracias por compartir o teu tempo con todos nós.

 

17/2/11

Próxima visita de Abraham Carreiro

A través do Consorcio Editorial Galego S.A. o mércores, 23 de febreiro, imos contar coa visita de Abraham Carreiro, ilustrador de contos para nenos.
A charla versará sobre a elaboración de personaxes, expresións corporais, as cores e todo o que rodea o proceso da ilustración. Esperamos con impaciencia ese día pois estamos seguros de que será unha experiencia que non esqueceremos.

Na nosa Biblioteca temos dous contos da colección:
  • Contos que leen outros nenos do mundo 
É unha colección que trata de achegarnos as diferentes culturas do mundo mediante contos populares de distintos lugares. Cada conto vai introducido pola mascota da colección, unha cigoña que gosta moito de viaxar. Durante as sús viaxes vai recopilando historias para despois contárnolas ao chegar aquí.

13/2/11

No día de San Valentín








4/2/11

Recomendámosvos estes fermosos libros

Agora están nos expositores pero podedes levalos ás aulas para a hora de ler ou para as vosas cosas como préstamo.