Rematamos o noso Gran Libro dos contos clásicos.
Este traballo pertence ao proxecto das Bibliotecas do PLAMBE A Mariña.
Por terceiro ano consecutivo levamos a cabo esta actividade en común, nesta ocasión baixo o título:
"De aqueles contos...a novos finais"
No noso centro traballamos seis contos clásicos:
- Os lobo e os tres porquiños
- Os fabóns máxicos
- Carapuchiña Vermella
- Os músicos de Bremen
- A casiña de chocolate
- O Mago de Oz
- O traxe novo do Emperador
Primeiramente cada neno ou nena prepararon en familia a lectura do conto seleccionado, buscáronlle un novo final e fixéronlle unha ilustración.
Posteriormente nas aulas preparáronse unhas portadas e follas de presentación para...
Finalmente presentar todos os traballos nun GRAN LIBRO que levaremos á Exposición conxunta no Concello de Viveiro.
No seguinte vídeo podemos ver estes traballos: