30/1/15

Hoxe celebramos o Día da Paz

Esta semana fixemos moitas actividades relacionadas coa PAZ e rematámola todos xuntos no ximnasio cantando e bailando as cancións que preparamos para este ano:
  • Que vivan a paz e o amor!
  • Cor esperanza
  • Danza: Speed the plough
No seguinte vídeo podemos ver un resumo das actividades:

26/1/15

Actividades para o Día Escolar da Paz e Non Violencia

PROGRAMA DOS ACTOS PARA O VENRES, 30 DE XANEIRO 
TODAS AS ACTIVIDADES PODÉMOLAS VER NO BLOG
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA 
  • Entrega da pegatina conmemorativa:
"Concurso de lema e debuxo para pegatina" 
  • Exposición dos debuxos e lemas do concurso
  • Mural colectivo de infantil…”POMBAS no acivro”
  • Formación de usuarios na Biblioteca
  • Elaboración de vídeos conmemorativos


 Cancións e bailes:
  •       “Que vivan a paz e o amor”
  •       “Color esperanza” (cantada en galego)
  •       Danza colectiva:
 Popular inglesa: “Speed the plough”

23/1/15

Traballo de investigación

Con motivo da vindeira celebración do 
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA
deixamos aquí este pequeno traballo
sobre os últimos premios Nobel da PAZ

21/1/15

Charla informativa no colexio


CHARLA INFORMATIVA PARA PAIS, NAIS E ALUMN@S
Día: xoves, 22 de Xaneiro
Hora:19:00
Centro:CEIP Antonio Pedrosa Latas
A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. 
Pais, nais e profesores son esenciais para axudar a emprender unha navegación responsable e útil, por iso son necesarias as suxestións e consellos dirixidos aos maiores.
O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais, ademais desta web específica e un programa de visitas aos centros escolares onde colexiad@s do CPEIG expoñen aquelas recomendacións e consellos necesarios para navegar con rumbo polo ciberespazo.

14/1/15

Recomendamos a lectura destes libros

No rincón expositor da Bibliosoños podemos ver uns fermosos libros 
que recomendamos neste mes de xaneiro.


12/1/15

Seguimos de celebracións

O vindeiro 30 de Xaneiro conmemoraremos, un ano máis, o 
DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NONVIOLENCIA.
É certo que, polo menos, unha vez no ano, aproveitamos para falarlle ao noso alumnado sobre este home miúdo, protagonista principal da independencia da India da coroa británica, da súa morte violenta en 1948, ou da doutrina da desobediencia civil pacífica. Mesmo de que inspirou a outros grandes líderes internacionais como Martin Luther King ou Nelson Mandela, recentemente falecido.
Gandhi nunca recibiu o Premio Nobel da Paz, a pesares de que fora proposto como candidato ata en cinco ocasións, entre 1937 e 1948. 
Son moitos os pensamentos de Gandhi popularizados. Probablemente a idea de que "Non hai camiños para a paz, a paz é o camiño" é a máis recoñecida. Sen embargo ten outras reflexións ben exemplificadoras para alumnas e alumnos, por exemplo, aquela que fai referencia a que "A violencia é o medo aos ideais dos demais". Tamén compre lembrar a crítica demoledora da lei do talión: "Ollo por ollo e remataremos todos cegos". Ou aquela apelación directa a cada un de nós:  "Si queres cambialo mundo, empeza por cambiarte a ti mesmo" 
 
TEMOS MOITA INFORMACIÓN NO
 
 
http://diaescolardapazenonviolencia.blogspot.com.es/