25/10/16

Un percorrido polo conto "El cazo de Lorenzo" de Isabeller Carrier

Na aula de 6º de infantil traballouse o conto "El cazo de Lorenzo" de Isabelle Carrier.
Trátase dun conto que nos amosa en forma de metáfora os obstáculos que ten que superar un neno con dificultades. Esas dificultades represéntanse por medio dun cazo vermello que acompaña a Lourenzo a todas partes. 
A través do conto, podemos observar como Lourenzo ten que esforzarse moito máis cos demais para conseguir o mesmo, precisamente por ese cazo que lle complica un pouco a vida. 
Tamén nos amosa como Lourenzo ten moitísimas calidades; como hai persoas que só ven o cazo e atópano raro, e mesmo inquietante. Pero afortunadamente existen persoas extraordinarias (pais, mestres, terapeutas...) que axudan a Lourenzo a explotar os seus puntos fortes e a levar máis discretamente o seu cazo, o que lle facilita substancialmente a vida.

Como se traballou o conto?
Primeiro contóuselles o conto, sen explicarlles en ningún momento de que ía nin que significaba ese cazo, e logo viron varios  vídeos que están en internet. Despois fixéronse preguntas para ver  o que recolleran. Ningún entendera a metáfora, aínda que tampouco é de estranar, pois é difícil que a interpreten por si mesmos.
Entón explicóuselles que significaba ese cazo.  Ese cazo eran distintas dificultades coas que se podían atopar as persoas. E fomos poñendo exemplos: ese cazo podía significar non ver, non oír, non poder camiñar, ter dificultades para comunicarse... E con cada un dos exemplos, iamos falando sobre como podía afectar ao noso día a día (como o cazo complicábanos un pouco a vida) e que podiamos facer para que ese cazo fose máis discreto (por seguir cun exemplo, no caso de ter unha discapacidade auditiva, como a lingua de signos, a lectura de beizos ou uns audífonos podían facer a nosa vida moito máis fácil).

Tradución do conto.
Como o libro que temos na biblioteca está escrito en castelán fixémoslle a tradución ao galego, así os nenos e nenas participan por igual das dúas linguas oficiais de Galicia.

Actividades que levamos a cabo.
  •  Libro-Audio: que consistiu en reproducir as ilustracións, escribir e narrar o propio conto. Tomamos imaxes dos seus debuxos, gravamos as súas narracións e o resultado final foi o seguinte vídeo.
  •  Dramatización para os demais compañeiros do cole. Fixémolo coa colaboración do alumnado de 6º curso.  A representación tivo lugar no ximnasio o Día da Biblioteca Escolar, 24 de outubro. Gustou moito e o resultado final  queda recollido tamén en vídeo.

  • Reflexións e Gran Mural.  Finalmente fixemos un mural coa pancarta da dramatización, os debuxos e os textos do libro-audio.

No hay comentarios: