25/11/16

Apadriñamento lector

Continuamos co proxecto de APADRIÑAMENTOS LECTORES que comezamos o curso pasado.

O apadriñamento lector é un proxecto de animación e fomento da lectura. Consiste en que alumnos e alumnas de cursos diferentes se constitúen en padriños ou madriñas para compartir momentos de lectura.
Con esta actividade preténdese principalmente a mellora dos diversos contidos da lectura, pero ademais contribuirá a desenvolver as relacións interpersoais dos alumnos do centro e o achegamento entre nenos de idades diferentes.

Nesta ocasión son os nenos e nenas de 2º curso que, xunto á súa mestra Angélica, prepararon o conto: "A NENA SEN NOME"  de Marina Chapman.
Ademais prepararon un audio conto no que se recollen os seus debuxos e voces.
Tamén visualizamos os vídeos que fixeron para conmemorar o DÍA DA INFANCIA



24/11/16

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 Información para ler en familia

Que é a violencia de xénero?

Por que este Día Internacional?

         Contos para educar en igualdade:

      


23/11/16

Charla informativa para o alumnado de 6º curso


O luns, 21 de novembro, tivemos a oportunidade de contar coa psisóloga do CIM (Centro de Información á Muller), Ana María Abad, que impartiu unha charla informativa sobre AS EMOCIÓNS básicas (medo, rabia, alegría, tristeza e amor) ao alumnado de 6º curso de primaria.
Dividiu a sesión en tres partes:
.- Recoñecemento das emocións: describiunos o que son cada unha delas a través do que nos pasa fisicamente cando temos rabia, por exempo, e de como reaccionamos cando nos pasa isto.
.- Xestión de emocións: explicounos a técnica do semáforo e da tartaruga para manexar o que nos ocorre cando sentimos rabia.
.- Amosounos técnicas de relaxación e de autocontros.

Todos os nenos e nenas de 6º curso estiveron moi atentos e interesados e fixeron unha foto todos xuntos amosando cada unha das emocións aprendidas.


21/11/16

Xogos tradicionais no curso 16-17

Os xogos populares, como outros elementos culturais, conteñen diferentes concepcións que forman parte da sociedade, teñen unha dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo. Posúen un gran valor socio-cultural que sobrepasa os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica.
Os xogos defínense como a actividade física ou mental que ten a finalidade de divertirse e entreterse.

  • Obxectivos:
Utilización axeitada e valoración das estratexias básicas do xogo: cooperación, oposición e cooperación/oposición.

Valoración do esforzo persoal e do colectivo nos diferentes tipos de xogos e actividades deportivas á marxe de preferencias e de prexuízos.
Aprecio do xogo e do deporte como medio de desfrute, de relación, de saúde e de ocupación do tempo de lecer.

Pretendemos potenciar, mediante unha metodoloxía activa, que o neno/a coñezaa o seu propio corpo, as súas posibilidades e limitacións practicando xogos e, ó mesmo tempo, coñeza unha parte importante da súa cultura participando nos xogos populares.

Este curso xa comezaron as fases clasificatorias; e como sempre, o profesor Vicente Míguez, coordina os mesmos durante os recreos.


17/11/16

Expoxición de libros sobre os Dereitos da Infancia

No rincón das exposicións podemos atopar libros sobre os Derietos da Infancia que vos axudarán a coñecer e saber moito máis sobre os vosos dereitos.



16/11/16

Traballos sobre os Dereitos da Infancia

 O 20 de novembro de 1959 aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno. E desde entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o Día Universal dos Dereitos da Infancia.
No noso centro o alumnado e profesorado, seguindo a programación recollida no proxecto da Biblioteca e no EDLG (Equipo de dinamización da Lingua Galega), traballamos sobre este tema durante esta quincena.
Como primeiros traballos presentamos dous vídeos:
  • De Infantil: Derecho a Jugar
  • De 1º curso: Mural dos Dereitos da Infancia  

 

14/11/16

A castaña que estoupou coa risa

Para celebrar que estamos no tempo o outono os nenos e nenas de 2º curso fixeron un excelente traballo  como escritores e ilustradores, despois gravaron o conto e o resultado final é este vídeo que vos deixamos nesta entrada.

13/11/16

Polo San Martiño, moito canto, baile e magosto!

O venres, 11 de novembro, Día de San MARTIÑO, fixemos un GRAN MAGOSTO no colexio.
Houbo moito canto e baile!!!,  pero sobre todo houbo unhas ricas castañas asadas.
Foron feitas, ao calor do lume, por Antonio e Enrique. Son moi bos "asadores", por iso o MAGOSTO do noso colexio é o mellor de tódolos magostos.


10/11/16

Charla informativa para 5º e 6º curso

O mércores, 9 de novembro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso tiveron  unha charla informativa sobre a temática do acoso escolar e o ciberacoso, a cargo do policía nacional Pablo Rodríguez González, Delegado de Participación Ciudadana.

Esta charla está enmarcada dentro do: 
O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias)



8/11/16

Novidades na Bibliosoños


       Almudena Janeiro

Os contos ábrennos os ollos, axúdanos a comprender mellor o mundo que nos rodea, transpórtannos a outras realidades e permíten que viaxemos a outros países... sen saírmos da casa!
A escolma de contos populares e de autor baseada no fondo editorial de OQO, ábrenos tamén as orellas. A nova achega Máis contos en cantos mestura literatura, imaxe e estilos musicais diversos para que cativos, e non tan cativos, gocen da lectura, do son e da estética.

2/11/16

Unha pequena homenaxe a Agustín Fdez. Paz

Comezamos o mes de novembro cunha exposición de libros de Agustín Fernández Paz, falecido no mes de xullo pasado.
Agustín foi o autor máis premiado da literatura xuvenil de Galicia.
Esta pequena exposición quere ser unha homenaxe á súa persoa. Está formada por libros que temos na nosa biblioteca. 
Esperamos que vos sirvan para coñecer un pouco máis a este gran autor que destacou polo seu compromiso co idioma galego.