29/1/16

Celebramos o Día da Paz

Foron moitas as actividades que levamos a cabo para conmemorar e celebrar este día tan importante e hoxe remataremos xuntándonos todos no ximnasio do colexio para levar a cabo unha actividade en común:
  • Cancións e bailes para a PAZ.
  • Reflexións e pequenas verbas.
  • Premios.
  • Solta de pombas

26/1/16

Debuxo e lema gañador

Samuel Asmerón Fernández de 4º curso de primaria é o gañador do Concurso de adhesivo para A PAZ.
Na celebración que faremos o venres, 29 de xaneiro, no colexio, terá unha pequena sorpresa!

25/1/16

Exposición dos debuxos para o Concurso de Pegatina "A PAZ 2016"

Acabamos de presentar a Exposición dos debuxos e lemas do Concurso de Pegatina para a PAZ 2016.
Hai moitos traballos moi interesantes, agora o xurado fará a seleción da pegatina que nos representará este ano.


23/1/16

4º venres lector

No seguinte vídeo quedan recollidas as lecturas que fixeron os nenos e nenas de 6º curso para todos os cursos do colexio. Fixéronno moi ben!


22/1/16

4º venres lector

Hoxe imos ter na Bibliosoños o 4º venres lector, correspóndelles facelo ao nenos e nenas de 6º curso, preparados polo profesor Paco.
Nesta ocasión van ler unha serie de TEXTOS PARA A PAZ.
Faremos dúas sesións: a primeira para os nenos e nenas de Infantil e 1º curso; a segunda sesións para 2º, 3º, 4º e 5º curso.


20/1/16

As cancións para o Día da Paz

Os nenos e nenas de 6º curso acaban de gravar na Bibliosoños o, xa tradicional, vídeo conmemorativo para celebrar o día da Paz e Non Violencia. Este ano a canción elexida é Rumba das apertas de Magín Blanco.



Tamén gravaron: 
SI MA MA KA e TUMBAI, TUMBAI

14/1/16

13/1/16

Lecturas para o mes de xaneiro

Na Bibliosoños seguimos facendo recomendacións de lecturas.
Nesta ocasión son libros relacionados coa PAZ, pois está moi preto a súa celebración
(30 de xaneiro).
No colexio celebrarémolo o venres, 29.

7/1/16

Feliz Ano 2016

Comezamos un novo ano  con ilusións e moitas ganas de traballar.
Para empezar presentamos o calendario que fixemos cos nenos e nenas do colexio.
Os interesados en obter algún exemplar poden pasar pola secretaría do Centro. O prezo é de 5 €.