O venres, 28 de outubro, celebramos o Samaín no noso colexio.
Durante a semana fixemos actividades que nos axudaron a coñecer e aprender en que consiste esta celebración:
buscamos moita información
fixemos fichas para facer pequenos libros
debuxamos e escribimos contos
decoramos as portas e corredores
os nenos e nenas de infantil, coa axuda das súas mestras, elaboraron un gran castelo que encheron de figuras monstruosas que trouxeron das súas casas e elaboradas con materiais de refugallo
houbo sesión "de contos de medo" na Biblioteca a cargo das mestras Kare, Cristina e Angélica.
os nenos e nenas de infantil remataran o día xogando e bailando no ximnasio
O DOG de hoxe, 26 de outubro, publica a Orde de 13 de outubro pola
que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas
escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos
para o curso 2016/2017. A resolución detalla as contías asignadas a cada
centro para este curso que para os centros con máis de dous anos de
permanencia no programa será só para fondos, e para os incluídos nesta
convocatoria e na correspondente ao curso anterior, será para fondos,
mobiliario e outros equipamentos imprescindibles, así como para gastos
de funcionamento.
Intégranse 38 centros públicos e 10 centros concertados, polo que o
total de centros integrados neste "Rede de Bibliotecas Escolares" que
constitúe o PLAMBE chega este ano a 615 centros.
Na aula de 6º de infantil traballouse o conto "El cazo de Lorenzo" de Isabelle Carrier.
Trátase dun conto que nos amosa en forma de metáfora os obstáculos que ten que superar un neno con dificultades. Esas dificultades represéntanse por medio dun cazo vermello que acompaña a Lourenzo a todas partes.
A través do conto, podemos observar como Lourenzo ten que esforzarse moito máis cos demais para conseguir o mesmo, precisamente por ese cazo que lle complica un pouco a vida.
Tamén nos amosa como Lourenzo ten moitísimas calidades; como hai persoas que só ven o cazo e atópano raro, e mesmo inquietante. Pero afortunadamente existen persoas extraordinarias (pais, mestres, terapeutas...) que axudan a Lourenzo a explotar os seus puntos fortes e a levar máis discretamente o seu cazo, o que lle facilita substancialmente a vida.
Como se traballou o conto?
Primeiro contóuselles o conto, sen explicarlles en ningún momento de que ía nin que significaba ese cazo, e logo viron varios vídeos que están en internet. Despois fixéronse preguntas para ver o que recolleran. Ningún entendera a metáfora, aínda que tampouco é de estranar, pois é difícil que a interpreten por si mesmos.
Entón explicóuselles que significaba ese cazo. Ese cazo eran distintas dificultades coas que se podían atopar as persoas. E fomos poñendo exemplos: ese cazo podía significar non ver, non oír, non poder camiñar, ter dificultades para comunicarse... E con cada un dos exemplos, iamos falando sobre como podía afectar ao noso día a día (como o cazo complicábanos un pouco a vida) e que podiamos facer para que ese cazo fose máis discreto (por seguir cun exemplo, no caso de ter unha discapacidade auditiva, como a lingua de signos, a lectura de beizos ou uns audífonos podían facer a nosa vida moito máis fácil).
Tradución do conto.
Como o libro que temos na biblioteca está escrito en castelán fixémoslle a tradución ao galego, así os nenos e nenas participan por igual das dúas linguas oficiais de Galicia.
Actividades que levamos a cabo.
Libro-Audio: que consistiu en reproducir as ilustracións, escribir e narrar o propio conto. Tomamos imaxes dos seus debuxos, gravamos as súas narracións e o resultado final foi o seguinte vídeo.
Dramatización para os demais compañeiros do cole. Fixémolo coa colaboración do alumnado de 6º curso. A representación tivo lugar no ximnasio o Día da Biblioteca Escolar, 24 de outubro. Gustou moito e o resultado final queda recollido tamén en vídeo.
Reflexións e Gran Mural. Finalmente fixemos un mural coa pancarta da dramatización, os debuxos e os textos do libro-audio.
Con motivo da celebración do Día da Biblioteca Escolar o luns, 24 de outubro, os equipos da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega preparamos unha chea de actividades que seguro vos van a gustar e coas que aprenderedes moitas cousas sobre a nosa biblioteca.
Este é un programa complementario de apoio e colaboración de profesorado nativo prioritariamente nos Centros Plurilingües, Seccións Bilingües e Escolas Oficiais de Idiomas para posibilitar a práctica da conversa oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e achegar o alumnado e profesorado á cultura do seu país.
O venres, 7 de outubro, saíaron da Biblioteca as Mochilas Viaxeiras.
A Mochila Viaxeira está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar,
se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así
proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta,
tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.
A
mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar á súa
casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo
entre familia e escola na súa labor común para a formación dos
lectores máis novos.