Durante toda esta semana imos estar con ROSALÍA; o seu verdadeiro día é o 24 de febreiro, pero como coincide coa nosa Festa do Entroido imos celebralo o venres, 17.
Este ano faremos as seguintes actividades:
- Os nenos e nenas prepararon os seus poemas para participar no Concurso "Rosalía sempre viva".
- O luns, 13 faremos a selección do alumnado que participará no concurso.
A Casa-Museo convoca a terceira edición do concurso escolar de recitado de poesía "Rosalía sempre viva"
- Participamos na proposta que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove para o venres, 17: Rosalía Te.
- Caracterizarémonos de Rosalía e marcharemos á Praza do Chao onde leremos e cantaremos poemas de Rosalía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario