A Biblioteca Pública Municipal de Viveiro convoca o Certame de Poesía Infantil como todos o anos.
Animámosvos a participar!!!
As bases podedes pedilas ao voso titor ou titora
O pasado venres, 17 de novembro, os nenos e nenas de 6º de primaria foron cara ao peirao de Celeiro para visitar o barco do pai de Daniela Fernández, alumna do colexio.
Resumo feito polo alumnado:
O barco é un pesqueiro que anda ao palangre de superficie, mide de eslora 40, 8o m e de manga (ancho) 8,60 m. Ten capacidade para 22 persoas pero so van ir pescar 17 homes. Ten dúas cámaras frigoríficas onde me 200 Tm e tamén vai a carnada.
Hai 6 camarotes abaixo e 2 arriba na ponte; hai unha enfermería con 3 botiquín onde dispoñen de todo tipo de medicamento.
Tamén hai unha cociña con distintos electrodomésticos. dispoñen dun motor principal marca "ABC" de 1.22 cabos e tres motores principais de marca "Cumins" de 400 CV cada un.
Na ponte dispoñen de todo tipo de aparatos de situación, navegación, comunicación... para o goberno do barco. Leva unha roda de tiñon e varios tillers e un piloto automático.
O barco sae de Celeiro e vai cara o Pacífico, vai pescar cara Perú.
Durante este primeiro trimestre a Bibliosoños está a recibir novos libros, pois as diferentes editoriais e comerciais estannos achegando as novidades deste ano.
Para este curso o orzamento do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia)) é de 1300€ e o centro aportará outra cantidade para a adquisición de novos libros e materiais para a Biblioteca Escolar.
Na actualidade, a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das
violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e
devastadoras do mundo.
Esta conmemoración foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 1999, a proposta da República Dominicana, e co apoio de 80 países.
Por que un 25 de novembro? Pois como homenaxe ás tres irmás Mirabal, activistas políticas, que foron asasinadas o 25 de novembro de 1960, na República Dominicana.
Pero, desgraciadamente, a violencia contra as mulleres non pertence ao pasado, nin se enmarca só dentro do ámbito político. É un problema que afecta a familias e comunidades de todas as xeracións e de todos os ámbitos sociais.
Desde a ONU convídase a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a establecer actividades dirixidas a sensibilizar ao público respecto do problema neste día, como unha celebración internacional
No colexio traballamos cara á igualdade entre nenos e nenas, mulleres e homes, onde descartamos todo tipo de violencia.
Durante esta semana levamos a cabo varias actividades:
INFANTIL
Na biblioteca, lecturas comentadas dos contos: Rosa caramelo, Orellas de bolboreta, A viaxe de mamá.
Elaboración de mans
PRIMARIA
Elaboración de frases contra a violencia
Elaboración de mans
O alumnado de 3º curso, xunto coa súa profesora de Educación Física Eva, prepararon en acrosport a frase NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO, para a realización do seguinte vídeo
Despois do recreo, na mañá do venres, 24 de novembro, no ximnaxio, todo o alumnado e profesorado do colexio levamos a cabo unha sesión de sensibilización dende a igualdade cara á violencia contra as mulleres
Vestidos con roupas de cor negro e coas mans violetas fixemos unha gran man.
Durante esta semana da celebración dos Dereitos da Infancia, os alumnos de 6º curso, Diana, Luis, Álvaro e Antón, fixeron lecturas da colección de Contos do Dereito e do Revés.
O Día Universal do Neno, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.
No colexio preparamos un vídeo especial cunha canción que cantan os nenos e nenas de 3º curso e as imaxes realizadas con debuxos do alumnado de Infantil.
MURAL SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA, 2º CURSO
Tamén podemos atopar moita máis información nesta páxina da BIBLIOSOÑOS
Despois de ter que aplazar a celebración do noso magosto por mor do mal tempo, o martes, 14 de novembro, despois do recreo, poidemos disfrutar desta festa tan arraigada no noso colexio.
Comezamos facendo un circuito de estacións de xogos, coordinados pola mestra de Educación Física, Eva Martínez:
Relevo de castañas
Petanca
Castañagolf
Culleradas de castañas
Castaña cega
Mariola
Comecastañas
Pescacastañas
Castaña Dance
Laberinto
O alumnado agrupouse en 10 equipos de 16 nenos e nenas cada un, de todas as idades e cursos. Os maiores axudaron aos máis pequenos e pequenas e pasaron unha xornada moi divertida e de moita cooperación entre eles.
Despois tivemos o degustación das castañas asadas como todos os anos polo noso conserxe Enrique e coa colaboración especial de exprofesor do centro, Antonio Ferreiro.
Novamente o delegado de Participación Ciudadana da Comisaría de Policía de Viveiro, Pablo Rodríguez González, está no noso centro co alumnado de 6º curso desenvolvendo o programa que ensina aos menores os riscos da internet e das RRSS. :
Os alumnos e alumnas que realizan o curso de Ciberexpert@
reciben cinco horas de formación sobre temas como ciberacoso, grooming,
sexting, suplantación de identidade, comunidades perigosas, acceso a
contido inapropiado, xestión da privacidade e identidade dixital,
netiqueta e mediación parental.
Participación activa
Os alumnos e alumnas teñen unha participación activa no curso. De feito participan en debates sobre supostos prácticos e realizan un exame final ao termo das clases que, no caso de ser superado, condúcelles á recepción dun carné acreditativo dos coñecementos adquiridos.
O vindeiro luns, 20 de novembro, celébrase o Día dos Dereitos da Infancia.
Dende a Bibliosoños elaboramos unha páxina especial onde se poden atopar moitos recursos para aprender e tamén todas as actividades que facemos no noso colexio.