- Páxina principal
- Web CEIP de CELEIRO
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- CANCIÓNS E CONTOS NA BIBLIOSOÑOS
- TRABALLOS DE CREACIÓN PROPIA
- APADRIÑAMENTOS LECTORES
- ITINERARIO LECTOR
- ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO COLEXIO
- ACTIVIDADES MUSICAIS
- Páxina do colexio MICRORREDE A MARIÑA
- ACTIVIDADES EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL
- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
- ESPAZO ABALAR
- BIBLIOTECA VIRTUAL DA BIBLIOSOÑOS
- Rede Lectura Compartindo libros e lecturas
- ACTIVIDADES PARA O VERÁN
- EDUGA (Revista Galega do Ensino)
- BOLETÍN INFORMATIVO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
- Xornal "O PAPAGAIO"
- ESCRITORES VIVEIRENSES
- RECONMENDACIÓNS LECTORAS
- PÁXINAS DE RECURSOS DO COLEXIO
- VAI DE CONTOS...
- Proxecto: CONTOS E CANTOS
Visitas ao blog
30/12/09
Para xogar un pouco!
Xa estamos de vacacións! Xa temos tempo para ler, xogar, ver a tele, estar coa familia e cos amigos... pero tamén podemos xogar coa vaca Connie que é moi divertida.
PICA AQUÍ E ENTRA NOS XOGOS
20/12/09
Boletín Informativo da Bibliosoños, 1º trimestre
Cando rematen as clases o día 22, levaredes, para as vosas casas, este Boletín no que vos aconsellamos algún libro para ler neste Nadal.
Tamén queremos que nestas festas o pasedes estupendamente coas vosas familias, xogade e disfrutade e non vos olvidedes de pasar polo blog para pasar un "rato" agradable lendo e xogando con nós.
Tamén queremos que nestas festas o pasedes estupendamente coas vosas familias, xogade e disfrutade e non vos olvidedes de pasar polo blog para pasar un "rato" agradable lendo e xogando con nós.
Etiquetas:
Boletín Informativo,
Fomento da lectura
15/12/09
O mundo en galego
é unha campaña da Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración con OQO editora.
Obradoiros de lecto-escritura, lúdico-didácticos e de animación audiovisual serán o medio a través do que visitar países de todo o mundo, desde Galicia e en galego; unha viaxe na que pais e nais, mestres e bibliotecarios tamén teñen tarxeta de embarque.
LUGAR DAS ACTIVIDADES:
Biblioteca Municipal de Viveiro (Rúa Alonso Pérez)
Os días 16, 17 e 18 de decembro de 2009
En horarios de 16:30 a 20:00 horas
A Secretaría Xeral de Política Lingüística agasallará aos participantes nas actividades con libros de OQO editora.
11/12/09
Chegou este fermoso libro á Bibliosoños!
Todos os animais ao caixón" da editorial Primerapersona, é un traballo de Susa Herrera con Mamá Cabra.
Os animais son os nosos mellores amigos. Temos que coidalos e protexelos e tamén aprender deles. A galiña, o león, o oso, a quenlla, o búfalo, a piraña, a abella e o golfiño...e moitos máis, son os protagonistas deste divertido libro onde atoparedes propostas didácticas para cantar e bailar sen que un só neno ou nena proteste porque se aburre.
9/12/09
Libros novos na Bibliosoños
Recomendámosvos a colección "Las fieras Fútbol Club", na Bibliosoños hai tres libros. O autor é Joachim Masannek.
Podedes atopalos na estantería Ñ, a.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)