30/3/11

2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil

O libro lembra. Este é o título do texto da escritora estonia Aino Pervik que serve para conmemorar a data do nacemento de Hans Christian Andersen, o 2 de abril, e que desde hai xa anos (1967), a IBBY (International Board on Books for Young people) promove como Día Internacional do Libro Infantil, co fin de estimular a creación e difusión de libros de calidade para nen@s e moz@s, e promover a lectura entre a xente máis nova. 


Novo libro na Bibliosoños

Acaba de chegar á Bibliosoños este libro: 

Ola, ola, la! . Un conto de Gloria Sánchez con ilustracións de Kristina Sabaite.
Contén tamén 12 cancións interpretadas por Mamá Cabra en formato CD e DVD.
O libro forma parte do proxecto BOCABERTA, un programa de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.


Con este xa temos 4 libros de Mamá Cabra:

25/3/11

Obradoiro de Monicreques no cole

Ángeles de Prado Díaz, escultora e pintora de profesión, estivo no noso centro impartindo un obradoiro de MONICREQUES para os alumnos e alumnas do 3º ciclo.
Nos tres días desta actividade tiveron a oportunidade de realizar dous monicreques cada un:
  • Unha marioneta con cucurucho móbil, un pau, a cabeza feita co tubo do papel hixiénico e un traxe de tea.
  • Un monicreque con cabeza feita en papel maché e vestido de tea, tamén feito por eles mesmos.
O resultado quedou ben bonito e pasaron un tempo moi entretido aprendendo e xogando.

18/3/11

Entrevista a Xaneco

Xoán Manuel Tubio Fernández, coñecido por XANECO é un Luthier de Outeiro de Rei .
Esta semana estivo no noso colexio para impartir o Obradoiro de Instrumentos Musicais. 
O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de LUGO leva a cabo estes obradoiros para facer chegar ás escolas o coñecemento dos oficios artesanais, neste caso o da elaboración de instrumentos musicais tradicionais galegos.

- Xaneco, como foi o resultado deste obradoiro no colexio de Celeiro?

--Moi positivo, os nenos e nenas traballaron con ilusión e pasaron uns momentos moi entretidos. Cada un fixo unha ferreña que van poder levar para as súas casas.
-Cal é a túa especialidade?

--O que máis fago son instrumentos de percusión tradicional galega e tamén zanfonas, que son as que máis traballo levan, cada unha pode levar arredor de mes e medio de traballo.

Quen solicita este tipo de instrumentos?

--Traballo moito por encargos de músicos profesionais, asociacións culturais e agrupacións folclóricas.

17/3/11

Hoxe faleceu Josefina Aldecoa

Nacida o 8 de Marzo de 1926, Josefina Aldecoa foi unha escritora española cuxa labor profesional, e gran parte da súa carreira literaria, centrouse no mundo da infancia e a pedagoxía.

Durante os seus estudos universitarios, é Licenciada en Pedagoxía, moveuse en círculos literarios enmarcados na que logo sería chamada Xeración dos 50. Foi alí onde coñeceu ao seu marido, tamén escritor, Ignacio Aldecoa.

Un dos puntos crave na súa traxectoria profesional é, sen dúbida, a creación do Colexio Estilo en 1959, onde envorcou todas as súas ideas sobre a nova pedagoxía, uns principios que chocaban coas técnicas de ensino propias do franquismo.

En 1961 publicou A ningunha parte, colección de contos que, até 1983, cos fillos da guerra, sería a súa única produción narrativa. Posteriormente publicou diversos libros, desde a perspectiva máis autobiográfica, Historia dunha mestra (1990) ou de recuperación da memoria, A enredadera (1984), até sobre temas pedagóxicos, A eduación dos nosos fillos (2001)

No ano 2004 recibiu o Premio Castela e León das letras a toda a súa carreira literaria.

15/3/11

Cumpreanos feliz! para Paco Ibáñez


Francisco Ibáñez Talavera, nado en Barcelona o 15 de marzo de 1936, é un autor de cómics catalán, un dos máis coñecidos en lingua castelá.

Comezou a súa vida profesional traballando no Banco Español de Crédito, pasando a dedicarse xa plenamente ao comic no ano 1957, cando entra na Editorial Bruguera.
Os seus personaxes máis populares son, sen dúbida, Mortadelo e Filemón, dos que leva máis de corenta anos escribindo historietas. Outros tamén moi coñecidos son O Botóns SacarinoPepe Gotera e OtilioRompetechos ou 13, Rue do Percebe.
As súas obras son coñecidas en todo o mundo, xa que sobre todo Mortadelo e Filemón está traducidos a numerosas linguas.



10/3/11

A prensa na escola


Cinco boas razóns para levar a prensa á escola (Segundo a web Educación en Valores)

1.O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
2. Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
3. Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
4. Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
5. Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.