26/9/12

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

O DOG publica hoxe, 26 de setembro, a resolución definitiva da convocatoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares para o curso 2012/2013. Son xa 504 centros os que integran esta Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, espazos imprescindibles para a lectura, a información e a aprendizaxe.

23/9/12

Xa estamos no outono!!!

Xa entramos na estación do outono e xa sabedes que a Bibliosoños ten un blog especial
Entrade nel e atoparedes moitas actividades e vídeos que vos gustan.

20/9/12

Exposición de libros sobre O MAR

No expositor de libros do corredor presentamos unha morea de libros que nos falan do mar, o proxecto integrado que imos a traballar este curso. Podedes ir ollándoos!!!


16/9/12

Importante artigo do Blog BIBLIOTECAS ESCOLARES

Biblioteca escolar, acelerador de innovación

As bibliotecas escolares galegas viviron importantes transformacións nos últimos anos, grazas ao esforzo conxunto de comunidades educativas e administración, nunha tarefa que ten como finalidade ofrecer máis e mellores instrumentos ao alumnado para a súa formación académica e persoal. Estas transformacións non foron só físicas (moito profesorado afirma que a biblioteca é o espazo máis fermoso do seu centro); o cambio máis importante é o que se produce no centro educativo cando a biblioteca se activa, porque arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo diferente, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. As bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativa.
Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro) e que chegará aos centros en datas próximas. Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide,  que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño/2008, Miguelanxo Prado/2009, Marina Seoane/2010, Emma Ríos/2011)

12/9/12

BENVID@S

Ola!, Benvid@s a este novo curso!
Que tal ese verán lector?.
Eu lin un montón de libros e estiven moi ocupado buscando libros e actividades para traballar este ano. Os vosos profesores e profesoras xa vos irán informando sobre o proxecto para este curso, imos a traballar e aprender moitas cousas sobre O MAR.
A partir de hoxe xa podedes vir á Bibliosoños. É moi importante que recordedes as normas e veñades con moitas ganas de ler!