25/4/18

I Xornada de Educación Física na rúa, en San Cibrao


http://www.consejo-colef.es/defc-home

NOTICIAS NA PRENSA
Na mañá do mércores, 25 de abril, o alumnado de 5º e 6º curso, acompañados dos profesores Paco, Cristina, Eva, Jesús e Marta, participamos na xornada que se celebrou en San Cibrao con motivo da celebración deste día. No mesmo participaron centros de Abadín, Ribadeo, Burela, Cervo, Celeiro Galdo e Viveiro.
O evento estaba organizado polo Seminario de Educación Física da Mariña e do que forma parte a noso profesora Eva Martínez Baltar.
O día amenceu con choiva pero non foi impedimento para poder desenvolver todas as actividades que nos tiñan preparadas e dividadas en estacións:
  • Skate, Surf, Malabares
  • Brillé
  • Desaafíos Cooperativos
  • Paracaídas
  • Taller de Baile
  • Xogos Populares
  • Voley, Palas, Ultimate
  • Pedra-papel-tesoira
  • Discgolf-Slackline-Procura do tesouro
  • Tres en raia
No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo deste día tan especial.

24/4/18

ELBE.2: LECTURA DIXITAL NA BIBLIOTECA ESCOLAR

No mes de marzo do ano 2014 puxemos en marcha o proxecto ELBE nos cursos de 5º e 6º de Primaria. 
(Entrada no blog da Bibliosoños). 
Neste curso a Consellería seleccionou o noso centro, xunto con outros 49 de toda Galicia, e dotounos dunha partida económica para dar continuidade á primeira fase ELBE e poder así contar cun novo recurso que amplía os fondos da biblioteca cunha primeira selección de recursos en formato dixital. Trátase do proxecto ELBE.2 e que estamos a poñer en marcha nestes días.
O profesorado e alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso recibirán unha formación de usuarios para coñecer esta plataforma e como poder descargala.
Na seguinte presentación atopamos máis información.
CLICA NA IMAXE
http://bega-elbe2.edu.xunta.es/opac/#

23/4/18

As nosas actividades en torno ao DÍA DO LIBRO

Son moitas as actividades que preparamos neste mes de abril en torno ao libro e que podemos ver nos seguintes enlaces:


21/4/18

Día do Libro 2018

 
 Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Fran Alonsoa poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.

A orixe do Día do Libro baséase na  conmemoración do falecemento de William Shakespeare, Miguel de Cervantes Saavedra e o Inca Garcilaso de la Vega en 1616. Esta celebración foi creada con varios motivos: combater o analfabetismo, fomentar a cultura, render  homenaxe universal aos libros e autores, e simplemente alentar a todas as persoas a gozar do pracer da lectura.
Tanto a celebración como a súa data foron instituidas durante a Conferencia Xeral da UNESCO de 1995. A iniciativa para celebrar este día débese á Unión Internacional de Editores (asociación que representa a industria editorial a nivel internacional desde a súa fundación en 1896). Actualmente esta celebración é acollida por máis de 100 países ao redor do mundo.

20/4/18

Viaxe cultural a Foz

Do 28 de marzo ao 10 de maio pódese visitar no Cenima, en Foz, a V Semana de Artes Plásticas da Mariña. Son 33 obras de 23 artistas. 

Na mañá do venres, 20 de abril, o alumnado de 5º e 6º curso, xunto cos  profesores Paco, Cristina e Rosa, foron visitar a mesma.

 



19/4/18

Visitamos o Souto da Retorta

Na mañá do xoves, 19 de abril, todo o alumnado e profesorado do colexio levamos a cabo a actividade programada dentro do Proxecto Documental Integrado deste curso: 
A saída tiña como obxectivo o coñecemento do medio natural do SOUTO DA RETORTA.
Como complemento á visita o alumnado traballou no caderno de campo que preparou a profesora Eva.


NO SEGUINTE VÍDEO PODEMOS VER UN RESUMO DA PEQUENA EXCURSIÓN


18/4/18

Actividades complementarias do mes de abril

Temos un mes con moitas actividades complementarias:
  • Xoves, 19 de abril: Saída ao Souto da Retorta (horario escolar); todo o alumnado. Actividade programada dentro do proxecto documental que estamos a levar a cabo "VIVEIRO, o noso Concello".
  • Venres, 20 de abril: Visita á Exposición no CENIMA en Foz (horario escolar); alumnado de 5º e 6º curso.
  • Luns, 23 de abril: Invitados pola ANPA do colexio sairemos a ver unha obra de Teatro no Pastor Díaz e faremos tamén un pequeno percorrido por Viveiro (horario escolar); alumnado de Infantil e 1º e 2º curso.
  • Mércores, 25 de abril: Celebraremos o DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA en San Cibrao xunto con outros colexios da Mariña (horario escolar); alumnado de 5º e 6º curso.

10/4/18

Encontros Plan de mellora de bibliotecas escolares 2017/2018

Encontros Plan de mellora de bibliotecas escolares 2017/2018

Os días 12 e 13 de abril de 2018 celebraranse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela os ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2017/208, a cita anual do profesorado responsable das bibliotecas de centros non universitarios integradas neste programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 

 

XORNADA DE TRABALLO DAS 

COORDINADORAS DA MICRORREDE A MARIÑA

5/4/18

Un novo libro na nosa Biblioteca


O exprofesor do noso colexio, Vicente Míguez Salgueiro, entregounos un exemplar do libro "Tarbernas, parroquias de Viveiro". O mesmo formará parte do fondo documental sobre o Concello de Viveiro.
Trátase do primeiro volume dunha serie que terá continuidade cunha segunda publicación.
Este libro aborda unha catalogación das tabernas e salóns de baile de once parroquias do Concello (San André de Boimente, Santiago de Celeiro, Santa María de Chavín, San Xoán de Covas, San Xiao de Faro, Santa María de Galdo, San Xiao de Landrove, Santa María de Magazos, San Pedro de Viveiro, San Estevo de Valcarría, San Cibrao de Vieiro). 

Queremos manifestarlle o noso agradecemento pola donación do libro e tamén felicitalo pola publicación do mesmo. Na nosa Biblioteca tamén contamos cos seus libros: "De azul olvido" e "A Lúa deitada en Porto Norte". 
MOITAS FELICIDADES, VICENTE

3/4/18

Visita ao supermercado EROSKI

Na mañá do martes, 3 de abril, o alumnado de 3º e 4º curso de Primaria, xunto coas súas titoras Xulia Calvo e Rosa Blanco, foron visitar o supermercado EROSKI de Viveiro.
Primeiramente Eva, a encargada da visita, fixo unha breve exposición no centro sobre as diferentes dependencias que iamos visitar no supermercado e sobre a importancia dos alimentos saudables.
Ao chegar ao supermercado visitamos as seguintes seccións: froitas e verdura, panadaría, peixería, carnicería e charcutería, lácteos e por último perfumería.
Na carnicería explicánronlles a vestimenta que esixe o EPI (Equipa de protección individual) co que se reduciu o número de accidentes laborais. Na peixería explicáronlles a diferenza entre peixe azul e peixe branco e tamén lles fixéronlles unha demostración do fileteo dun peixe.
Convidáronnos á degustación de froitas e zumes naturais, ademáis de participar en xogos para diferenciar froitas e verduras mediante o tacto e o gusto.
Por último recibiron  agasallos dentro dunha bonita mochila.
O centro quere agradecer a xentileza de todo o persoal do EROSKI por facer posible esta visita na que o noso alumnado aprendeu cousas moi importantes sobre os alimentos, a reciclaxe e a importancia dunha alimentación saudable.  MOITAS GRAZAS.



2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil - 2018

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1069
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións puntuais.



No seguinte vídeo o alumnado de 5º curso presentan os libros que están a ler: