31/5/18

Visita do Club Deportivo LUGO

Hoxe tivemos unha visita moi especial, catro xogadores  e un directivo do  
falaron  co alumnado de primaria, regaláronlles entradas para o vindeiro partido do sábado 2 de xuño, tamén nos deixaron unha camiseta firmada, houbo unha sesión de firmas e por último fixemos unha foto de familia diante do noso colexio.
MOITAS GRACIAS pola vosa visita!!!

30/5/18

Viaxe de 1º e 2º a Mondoñedo

O martes, 29 de maio, o alumnado de 1º e 2º curso de Primaria, xunto coas súas titoras Angélica e Maricarmen, viaxaron ata Mondoñedo para coñecer de cerca a cidade e participar nos obradoiros de títeres, cantería e de barro.
Na alameda, xunto á Igrexa dos Remedios foron recibidos por Ton Arenas que os acompañou nun pequeno percorrido por diferentes rúas e barrios desta fermosa cidade. Tamén lles contou a historia do Mariscal Pardo de Cela e a Ponte do Pasatempo, que xa lles contaran as súas mestras no colexio.
Comezaron na Alameda dos Remedios e foron pasando polo Campo dos Paxariños, as rúas do casco antigo, viron as esculturas adicadas a Pascual Veiga e Álvaro Cunqueiro, a Igrexa de Santiago, a Fonte Vella, a Praza e a Catedral... e chegaron ao Barrio dos Muíños onde se atopan as típicas canles, tamén a Ponte do Pasatempo e a concentración de moitos Talleres de Artesanía.

Tiveron a oportunidade de coñecer o obradoiro  MIRCROMINA de Ton Arenas e alí disfrutaron dunha pequena sesión de Títeres.
A continuación foron ao obradoiro de Fernando Vilariño e alí aprenderon moitas cousas sobre os canteiros e os seus traballos. Tamén tiveron a oportunidade de facer unha pequena práctica co cincel e o mazo.



Á hora de xantar comeron no entorno do Taller Alfareiro.



Despois tiveron tempo de xogo libre e por último disfrutaron un montón traballando co barro.
Foi unha viaxe moi divertida onde tamén disfrutaron aprenderon moitas cousas.

VÍDEO RESUMO DA VIAXE

29/5/18

Exposición "Espertando o Maio"

Na tarde do luns, 28 de maio, abriuse a exposición conxunta dos centros educativos de Viveiro:
  • CEIP DE CELEIRO
  • CEIP DE COVAS
  • CEIP DE GALDO
  • EEI SAN ROQUE
para complementar a celebración da Festa do Maio e dentro do proxecto "Espertando o Maio".
Os diferentes centros aportaron unha variedade de traballos que se poderán ver na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro ata o xoves 31 de maio.


28/5/18

Celebramos a festa do Maio

O luns, 28 de maio, xuntámonos os coles  do Concello de Viveiro participantes no proxecto "Espertando o Maio":
  • CEIP DE CELEIRO
  • CEIP DE COVAS
  • CEIP DE GALDO
  • EEI SAN ROQUE
Vestidos axeitadamente para a celebración desta festa, con maios tradicionais de Viveiro, o  maio do noso colexio representando a Porta de Carlos V e outros elementos florais, desfilamos polas rúas de Viveiro acompañados por moitas familias e veciños.
Rematamos na Praza Maior cantando todos xuntos a Canción do Maio de Viveiro.
E así damos por rematado este proxecto que estivemos a traballar durante este curso.
VÍDEO RESUMO

MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA
ESPERTANDO O MAIO
https://sites.google.com/site/espertandoomaio/

21/5/18

Concurso de vídeos: Así se cuida a natureza!



Voz Natura pon en marcha a sexta edición do seu concurso de vídeos.

O noso centro vai participar un ano máis neste concurso cun vídeo que fixemos na celebración do Día da Árbore e da Auga o pasado 21 de marzo.

Os cinco vídeos que máis votos reciban converteranse en finalistas. Entre eles, un xurado seleccionará ao gañador que levará unha tablet.
Votacións: desde o 21 maio do 2018 ás 12.15 ata o 30 de maio do 2018 ás 12.00.
Comunicación oficial do gañador: 2 de xuño.

O concurso desenvólvese a través do facebook

CLICA NESTE ENLACE PARA PODER VOTAR E COMPARTIR

https://pr.easypromosapp.com/voteme/824821/630307487?lc=es-es

 

16/5/18

ACTIVIDADES NAS LETRAS GALEGAS

O mércores, 16 de maio, despois da hora do recreo, no Salón de Actos do Colexio, fixemos a nosa celebración das Letras Galegas:
  • Semblanza da autora homenaxeada (María Victoria Moreno) a cargo do alumnado de 6º curso. 
  • Dramatización da obra "A festa no faiado" de María Victoria Moreno, a cargo do alumnado de 1º curso. 
  • Actividades musicais: 
  •  Danza coa canción "O maio da Mariña" 
  • "A saia da Carolina" 
  •  "O son do Ar" 
  •  Interpretación do Himno Galego
CLICA NA PÁXINA ESPECIAL ADICADA A
MARÍA VICTORIA MORENO
ATOPAREDES MÁIS INFORMACIÓN 
https://sites.google.com/site/mariavictoriamoreno18/as-nosas-actividades

13/5/18

Saída de 3º e 4º curso de primaria

O venres, 11 de maio, os grupos de 3º e 4º de primaria visitaron a granxa de corais de Magazos-Viveiro (REEF WATER).
Foron recibidos pola precursora do proxecto Vanesa Rodríguez e o biólogo mariño Carlos Jiménez.
Logo dunha charla explicativa sobre os corais e o seu hábitat foron ver as instalacións onde están os acuarios cos corais e peixes que viven neles.
A  visita foi todo un éxito e os nenos e nenas viñeron entusiasmados e aprenderon moitas cousas!
Moitas gracias polo boa acollida!!!




11/5/18

XORNADA DE CLAUSURA: "A Mariña pensando en femino

Na tarde do xoves, 10 de maio, tiveron lugar, na Praza Maior de Viveiro, os actos de clausura da exposición de traballos artísticos elaborados por escolares dos catorce centros que forman parte da Microrrede A Mariña de Bibliotecas Escolares.

As mestras de ceremonia Karina Parga e Eva Lastra, do IES Perdouro e do CEIP de Alfoz respectivamente, fixeron a lectura da clausura e presentaron as diferentes actividades dinamizadoras. Fixeron agradecementos ás familias participantes felicitándoas polos fantásticos traballos presentados en todos os centros.

Asemade tamén agradeceron a asistencia das diferentes autoridades: a inspectora Branca Nazaré Guerreiro e o inspector Faustino Martín, a asesora das Bibliotecas Escolares da zona norte Chelo Guntín.
Como actividades dinamizadoras contamos con:
  • Actuación do coro formado por alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º curso de Primaria, de Alfoz, Celeiro, Galdo, Lois Tobío de Viveiro e o EEI de Viveiro. Cantaron a canción do Maio de Viveiro e A saia da Carolina. Fixéronno moi ben!
  • Actuación das Moreninhas, Érica Gomes Mendes, Raquel Lopes Ramos e Eliane Tavares Mendes, tres rapazas cabo verdianas afincadas en Burela.
  • Encontro coa escritora Rita Morrigan.
  • Visita da escritora Olalla Cociña
VÍDEO RESUMO DA XORNADA

    9/5/18

    ACTIVIDADE DINAMIZADORA: TEATRO


    ADALA TEATRO, unha compañía de teatro infantil de Fazouro foi a encargada de dinamizar a terceira xornada da Exposición "A Mariña pensando en feminino".
    A compañía formada por 10 rapazas e rapaces representaron no Teatro Pastor Díaz de Viveiro a  obra: Mamasiña, que medo! de Chus Pereiro.

    Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel habita o xigante Xuvenco, que papou ó alcalde, ó garda de tráfico, ó cura... O que non saben as tristes xentes de Xalundes é que o descomunal e aterrecente xigante Xuvenco precisa axuda de contado porque, o pobriño, está doente.
    Axudará a bruxa Celidonia o xigante papón?
    Papará o xigante á bruxa, e á súa comadre Chincha e á súa afillada Chincheta?
    Papará ós lectores desta obriña de teatro?
    Mamasiña, que medo! é unha obra de medo... para morrer de risa.

    Foi unha xornada excepcional!, o teatro ateigado de nenas e nenos acompañados das súas familias disfrutaron da excelente representación a cargo duns fenomenais artistas!



    8/5/18

    ACTO INAUGURAL DA EXPOSICIÓN CONXUNTA: A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO

    E chegou o gran día!, todo estaba preparado e a praza chea de familias dos diferentes centros que conformamos a MICRORREDE. 
    Este ano a mestra de ceremonias foi Rebeca Rivas do CEIP Santa Rita de Galdo; ela foi presentando as diferentes actividades e en nome de todos os centros agradeceu ás familias a participación no proxecto. Asemade tamén se deron as gracias ás autoridades alí presentes.

    No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo: Discurso inaugural; actuación do coro formado por uns 160 nenas e nenos dos centro de Alfoz, Cervo, Celeiro, Galdo, Covas e María Sarmiento de Viveiro; lectura dun manifesto a cargo da súa autora Andrea Rivas; rematando coa actuación de Guadi Galego e a performance de LAG na canción de Matriarcas.


    7/5/18

    Inauguración da Exposición "A Mariña pensando en feminino"

    Comezamos unha semana chea de moitas actividades dinamizadoras programadas pola MICRORREDE A MARIÑA.
    Hoxe é o día da Inauguración á que estamos todos e todas convidados.

    5/5/18

    Exposición "A Mariña pensando en feminino"

    Na tarde do venres, 4 de maio, os equipos dos diferentes centros que formamos a MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, realizamos a montaxe da exposición deste curso:


    Na tarde do luns, 7 de maio, daremos comezo coas diferentes actividades que programamos en torno a esta exposición e que rematarán o xoves, 10 de maio.


    4/5/18

    ASPANANE NO NOSO COLEXIO

             PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A DISCAPACIDADE NA COMUNIDADE EDUCATIVA 
    MOITAS GRACIAS A MARCOS E AOS USUARIOS DE ASPANANE POLA SÚA AMABILIDADE PARA CO NOSO ALUMNADO
    PROGRAMACIÓN
    Nesta segunda edición do programa realizaremos unha única sesión que servirá de repaso de conceptos traballados anteriormente, así como de introdución da nova liña de traballo sobre o concepto de Diversidade Funcional. Para isto dividiremos a sesión nos seguintes puntos: 
    1. Diversidade. 
     Introducimos o concepto de diversidade a través da proxección dunhas láminas resaltando a existencia desta diversidade no noso entorno, así como entre as persoas, e valorando a riqueza que supón esta diversidade para as nosas vidas. Realizaremos a actividade "Así son eu", que consiste nunha presentación por parte de cada neno/a dicindo cadanseu nome e unha cousa que lles gusta facer e unha cousa que non. Deste xeito, comprobaremos a diversidade existente na aula. 
    2. Diversidade sensorial.
     Enlazando co visto nas láminas anteriores, introducimos o concepto de funcionar diferente. As persoas con diversidade funcional (discapacidade) teñen moitas capacidades, a única diferenza é que as realizan de maneira distinta. 
     3. Diversidade motriz. 
    Seguiremos recordando o visto o ano anterior e levaremos unha cadeira de rodas que nos axudará a coñecer moito mellor o concepto de "funcionar diferente". 
     4. Diversidade Intelectual. 
    Charlaremos cos/as usuarios/as da nosa entidade sobre a súa vida no centro e as súas amplas capacidades, conseguindo así a ruptura cos estereotipos sobre este colectivo e descubrindo á persoa que hai detrás da discapacidade. Nos cursos máis avanzados proxectaremos a curtametraxe "El Cazo de Lorenzo", realizando un cine-fórum posterior sobre o seu significado e o relacionado coa discapacidade intelectual. 
    5. Conclusións.
     Buscaremos as conclusións por parte dos nenos e nenas participantes e proxectaremos o vídeo realizado por ASPANANE "Porque eu son igual que ti" como broche a esta sesión da segunda edición do programa.


    3/5/18

    Teatro Escolar

    Este curso o alumnado de 3º curso, xunto coa súa titora Xulia Calvo, traballaron a obra de Teatro Escolar "Un ben... con outro ben" da autora Anisia Miranda.
    Primeiramente fixeron diferentes grupos e realizaron unha lectura dramatizada nos cursos de 2º, 4º, 5º e 6º de primaria.
    Pero para presentala aos compañeiros de Infantil e 1º curso fixeron unha dramatización no teatro do colexio, na mañá do xoves 3 de maio.
    Ademais da dramatización prepararon na aula de música un Romance baseado na obra e que cantaron ao final da representación.
    Fixéronno moi ben! e recibiron moitos aplausos.